|

Agrupación folclórica creada no ano 1978, na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda por mozos e mozas da parroquia, actuando de seguido ate a remodelación do local social, e toma o seu nome de “Carballo das Cen Pólas” do antigo Carballo que aínda se atopa no prado, onde se celebraban e voltan a celebrarse as romerías da parroquia.Hoxe o prado voltou a ser da parroquia e para uso de tódolos veciños.
No ano 1993 reinicia a súa andaina baixo unha nova concepción do baile e a música, así como usos e costumes da tradición galega. As escolas están formadas por nenos e nenas de catro anos en diante que danzan muiñeiras, xotas, ribeiranas, rumbas, pandeiradas, etc. Así como fan soar nas súas gaitas e elementos de percusión todo tipo de alboradas, marchas tradicionais, pasarruas ou fan soar unha treboada.
|
|